Fin de semana de celebración en Portela do Trigal (Carballeda de Valdeorras), que honraba a Santa Ana. O programa festivo comezaba o 13 de xullo ás 13h. cunha misa, seguida de sesión vermú da man dunha charanga e con Boa Festa Discomóbil.
Xa pola tarde, a partir das 17h. disputábase un campionato de petanca, no que se repartían trofeos entre os grupos gañadores. Tamén había inchables gratis para os cativos.
https://youtube.com/shorts/x2lHbd6stac?feature=share
Xa pola noite dábase paso a unha cea popular na que participaban unhas 150 persoas. Nela contábase cun cortador de xamón, Ramón, ademais de servirse paella, entremeses e empanada, acompañados de viño, bica de sobremesa e licores. Todo isto a cargo da comisión de festas.
Na madrugada había verbena a cargo da orquestra Daduesta Tokyo e de Boa Festa Discomobil.
Imaxes cedidas.