ConcellosÚltima horaVídeos

Porto revive a tradición da seitura coa colaboración da veciñanza da Veiga

 

Era un labor comunal que marcaba o verán en moitas aldeas décadas atrás. A sega reunía á veciñanza baixo o sol para a colleita do cereal e incluía unha serie de pasos posteriores. Esta tradición da sega ou seitura estase a revivir en Porto (Zamora), no límite co concello ourensán da Veiga, no Macizo de Trevinca.

A actividade está coordinada polo Concello con voluntarios do pobo e, a iniciativa de Perkins. Así nesta fin de semana recollíase o centeo que lles deixaban en Carracedo (A Veiga) coa idea de facer unha malla en agosto, xa en Porto.

 

 

Os participantes na iniciativa agradecen tamén a colaboración da gandería ecolóxica Lameiro “que nos cedeu du terreo para facer esta actividade”, con dous días de duración e na que se ofrece, a modo de apertitivo aos esgadores sardiñas en escabeche.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button