Continúa a actividade da Plataforma Dereito ao Tren, que reivindica a recuperación das frecuencias de alta velocidade perdidas na Estación Porta de Galicia, da Gudiña. Dende onte venres, contan cun posto no marco da XVIII Feira do Viño de Monterrei, que se celebra nesta fin de semana en Verín.
Alí, as persos que se acheguen poden mercar unha camiseta da plataforma e tamén asinar queixas directas ao Ministerio de Transportes. Dende a plataforma animan a achegarse a este expositor para “apoiar esta loita que é de todas e todos”.
Fotos: Carlos G. Hervella.