SanidadeÚltima hora

Premio “Mans de Ouro” para a Unidade Azul do Hospital de Valdeorras

No resto da área sanitaria eran distinguidas con este galardón a planta norte de Medicina Interna do CHUO e a Unidade Verde do Hospital de Verín

 

No marco da celebración do Día Mundial de Hixiene de Mans, o 5 de maio, o Servizo de Medicina Preventiva e a Área de Calidade da Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria entregaban o Diploma do premio “Mans de Ouro” á unidade de hospitalización con mellor adherencia ás boas prácticas na hixiene de mans. Correspondíalle á sexta planta Norte de Medicina Interna do CHUO no día mundial da hixiene de mans.

Tamén eran entregados nos hospitais de Valdeorras e Verín. Así no hospital valdeorrés, o Premio “Mans de Ouro” para a Unidade Azul do Hospital de Valdeorras por ser a unidade de hospitalización con mellor adherencia das prácticas de hixiene de mans neste centro.

No Hospital de Verín o Premio “Mans de Ouro” para a unidade Verde deste centro por ser a unidade de hospitalización con mellor adherencia das prácticas de hixiene de mans.

Artigos relacionados

Back to top button