ConcellosQuirogaÚltima hora

Preparados os dispositivos de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

Foto: Concello de Quiroga.

 

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, presidían esta mañá a Xunta Local de Seguridade que analizaba os dispositivos preparados para velar pola seguridade durante dous eventos que se van celebrar en breve no Concello de Quiroga e aos que está prevista a afluencia de numerosas persoas. Trátase da XXV Mostra do Aceite, que terá lugar o 29 e 3o de marzo e a XLIII edición da Feira do Viño, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril.

A Xunta Local de Seguridade examinou as previsións existentes para os dous eventos, así como os lugares que poden resultar máis conflitivos pola posible aglomeración de persoas e vehículos, polo que se coordinou o labor que desenvolverán os distintos corpos de seguridade e de emerxencia para previr incidencias con motivo destes eventos.

Artigos relacionados

Back to top button