SanidadeÚltima hora

Preséntanse no CHUO os menús que se servirán aos pacientes ingresados nos días principais do Nadal

Esta mañá tiña lugar na Aula Caballero Goás do Hospital Universitario de Ourense a presentación dos menús que se servirán aos pacientes ingresados nas unidades de hospitalización durante as datas navideñas máis significativas. E este ano cunha gran novidade a colaboración dos alumnos de do Centro Integrado de Formación Profesional de Vilamarín dos graos de cociña e do de repostería e panadaría que elaboraron os postres.

Con esta iniciativa solidaria avánzase na colaboración que este centro de referencia na formación de profesionais de hostelería e cociña mantén co Servizo de Cociña do Hospital Universitario de Ourense, onde periodicamente acollese ao seu alumnado para a realización de prácticas.

 

 

Unha representación dos seus alumnos estiverón hoxe na presentación, xunto co xefe de cociña Antonio Pazos, a directora de recursos económicos e a directora de enfermería da Área de Ourense, Dolores Durán Oreiro e Josefa Rodríguez Araujo.

 

Back to top button