SanidadeÚltima horaVídeos

Preséntase a Asociación de Usuarios da Sanidade de Valdeorras

 

O salón de edificio multiusos do Barco acollía na tarde deste venres 23 de outubro a presentación da nova Asociación de Usuarios da Sanidade de Valdeorras. O acto corría a cargo de varios membros da directiva da entidade, encabezados pola súa presidenta, Liliana Morais. “Demos o pasar de facer pública esta iniciativa coa idea de buscar persoas que queiran colaborar con nós na reivindicación dos nosos dereitos.

Na súa intervención explicaban que a súa intención é cubrir o día a día das demandas que existen en materia sanitaria na zona e que se encargarán, entre outras cuestións de tramitar reclamacións. “Non vimos a substituír á plataforma, senón a cubrir o baleiro que hai entre unha acción da plataforma e outra, o día a día”, sinalaban. No decurso do acto tamén respondían ás preguntas e dúbidas dos asistentes.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button