ConcellosQuirogaÚltima hora

Preséntase a terceira edición de “Descubrir Quiroga”, programa de turismo municipal

Inclúe rutas de sendeirismo, piragüismo, parapente, ou visitas a museos, entre outras propostas

 

A Casa da Cultura de Quiroga vén de acoller a presentación da terceira edición de Descubrir Quiroga. Este programa turístico, impulsado polo Concello e co que colabora a Deputación de Lugo, inclúe unha vintena de actividades diferentes que poñen en valor o patrimonio natural, cultural e etnográfico do municipio.

No acto participaban o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro; o tenente de alcalde, Vicente Parra; ademais da deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, entre outras autoridades. “Falamos dun territorio privilexiado”, valorou García Porto, que enmarcou o concello “no corazón da Ribeira Sacra e da xeografía única do Xeoparque Montañas do Courel, dous espazos que converten esta zona nun referente para quen busca experiencias ligadas á natureza, ao patrimonio, á gastronomía ou a identidade”.

 

 

Sinalou que na Deputación de Lugo “temos moi claro” que o futuro turístico da provincia pasa precisamente por un modelo sostible, de experiencias, vencellado ao territorio, capaz de xerar oportunidades económicas sen perder a esencia.

Pola súa banda, o o tenente de alcalde quirogués, Vicente Parra amosábase orgulloso deste programa que naceu co obxectivo de que se implicasen todos -institucións, veciños e empresarios-, para unirse nunha loita por dar a coñecer o noso territorio e facer de Quiroga un concello referente en turismo.

Matizou o apoio, de todas as empresas locais que teñen recursos no turismo,  nun programa que se prolonga no tempo, seis meses, ofrecendo rutas moi diversas, algunhas delas innovadoras,  que pretenden desestacionalizar o turismo e dar a coñecer o territorio en diferentes épocas do ano.

A programación comezará este sábado cunha etapa polo Camiño de Inverno. Ata outubro haberá todos os meses diferentes actividades que inclúen rutas de sendeirismo, visitas aos museos da contorna, barranquismo, parapente, piragüismo, un paseo nocturno guiado, observación astronómica ou unha visita interpretada a Montefurado.

Descubrir Quiroga nace coa ¡dea de dar a coñecer o noso territorio a través da cultura, a historia, a natureza e sobre todo das persoas deste territorio; creando actividades para todos os públicos e baseándose na colaboración coas empresas locais dando valor ao traballo que elas fan. Por esta iniciativa este programa recibía o pasado ano recibía o “Premio á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Provincia” da Deputación de Lugo, e na categoría de Lugo Cambia.

 

 

Back to top button