DeportesMotociclismoÚltima hora

Preséntase a VII Concentración Mototurística A Curuxa, que se celebrará en Quiroga nesta fin de semana

 

A Casa Consistorial de Quiroga acollía esta mañá a presentación da VII Concentración Mototurística A Curuxa que se celebrará nesta vila nesta fin de semana. Na presentación participaba o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, quen agradeceu en nome do Concello de Quiroga o esforzo organizativo do moto club local co que colaboran apoiando o evento na parte loxística.

O presidente do club a Curuxa, Miguel Garrido, cualificaba a concentración como “a máis dura” para a súa organización, diferente a de anos anteriores na que destaca a ruta na que os participantes teñen que buscar os puntos aos que chegar e as dúas exhibicións Stunt Show, con Narcís Roca e Emilio Zamora, especialistas no mundo do espectáculo.

Varias rutas, actividades para os mais pequenos, máis postos de mercada que nunca e un concurso fotográfico son as actividades que completan o programa organizado para os amantes das dúas rodas para a que chegan persoas desde moitos puntos do Estado e tamén desde Portugal e que xa teñen cuberta a oferta hoteleira durante a fin de semana.

 

Artigos relacionados

Back to top button