OurenseÚltima hora

Preséntase en Ourense a campaña “E ti, de quen vés sendo” 2026, da Federación de Comercio

 

A sede da Confederación Empresarial de Ourense, acollía neste xoves 22 de outubro a presentación oficial da campaña “E ti, de quén ves sendo?” 2026. Un acto no que estiveron presentes Beatriz Gómez Valcárcel, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; Rosendo Luís Fernández Fernández, en representación da Deputación de Ourense; David Martínez Alonso, presidente da CEO; así como outros membros do equipo de goberno da Federación de Comercio, e representantes doutras asociacións de comerciantes e asociación comarcales da provincia integradas na Federación.

Na cita déronse a coñecer as bolsas de material reciclado e con acabado bronce que son as protagonistas desta campaña. As bolsas serán repartidas nos vindeiros días entre as asociacións integradas na Federación de Comercio de Ourense, co obxectivo de que as poidan entregar aos seus comercios asociados de xeito que se extenda a mensaxe que transmiten, unha mensaxe en defensa do comercio local, polas rúas de toda a nosa provincia e durante calquera momento do ano.

Esta campaña é posible grazas ao patrocinio da Deputación de Ourense.

 

Back to top button