ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Preséntase o informe “Ecosistema de innovación transformadora. Laboratorio-O Barco”

Entre os principais resultados destaca a creación da iniciativa Obradoiro, unha folla de ruta que organiza mesas de traballo, define obxectivos compartidos e distribúe tarefas para impulsar un modelo de gobernanza máis participativo e innovador

 

A mellora da mobilidade, dos medios de transporte público e comunicación, o coidado do urbanismo, vivenda máis asequible, fomento de máis e mellor emprego digno, o fomento dunha cultura e un ocio accesible e saudable, xeración de alternativas para a mocidade, a mellora dos cidadáns aos servizos de saúde… algunhas das conclusións do informe final elaborado polo Laboratorio-Ecosistema de Innovación Transformadora 2025, un proceso colaborativo orientado a fortalecer a gobernanza e a innovación no municipio. A iniciativa está promovida polo Concello do Barco de Valdeorras, en colaboración co Eixo Atlántico e presentábase esta mañá no edificio Multiusos. No acto interviñano alcalde do Barco, Aurentino Alonso; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o autor do informe, Roberto San Salvador.

 

 

O laboratorio, desenvolto en 2025, foi elaborado polo equipo de Deusto Cities Lab Katedra, liderado por Roberto San Salvador, seguindo a metodoloxía do Eixo Atlántico. Nel participaron 55 persoas, entre responsables municipais, persoal técnico, asociacións e cidadanía, traballando na identificación
de retos estratéxicos vinculados á cohesión social e territorial, con especial atención á mocidade e á calidade de vida.

A experiencia baséase na Axenda Urbana e no Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico, promovendo un ecosistema de innovación transformadora que fomenta a colaboración entre institucións, empresas, entidades sociais e veciñanza. Os ámbitos prioritarios inclúen mobilidade, emprego, acceso aos servizos básicos, urbanismo sostible e creación de oportunidades para a mocidade.

 

 

Entre os principais resultados destaca a creación da iniciativa Obradoiro, unha folla de ruta que organiza mesas de traballo, define obxectivos compartidos e distribúe tarefas para impulsar un modelo de gobernanza máis participativo e innovador. O informe servirá como ferramenta estratéxica para orientar futuras políticas e proxectos no municipio.

 

 

Na presentación, o alcalde, Aurentino Alonso, agradeceu que o Eixo Atlántico e a Universidade de Deusto elixiran O Barco para desenvolver este proxecto, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destacou o gran papel que O Barco está a facer no Eixo, “onde é o temos como un dos principais concellos de Galicia e Norte de Portugal, con moitos proxectos en marcha nestes momentos”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button