OurenseÚltima hora

Preséntase o novo curso da Aula de Teatro do Campus de Ourense ao seu alumnado

 

Na semana que comeza o FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (do 16 ao 26 de outubro), preséntase o novo curso da Aula de Teatro do Campus de Ourense ao seu alumnado. Será na tarde deste martes 14 de outubro (ás 20 horas) destacando que a Aula conta con 3 nives (grupos Rosaura, Cordelia e Maricastaña) e acolle 50 alumnoas/os. “Este cuadrimestre xa están completas todas as
prazas”, din dende o Campus adiantando que a presentación será no Pavillón nº 1.

Ademais, mañá mércores 15, haberá unha representación da obra LUDOVICO 2.5 (inspirada en A laranxa mecánica) ás 20 horas no Teatro Principal de Ourense. Trátase dunha función de benvida ao novo curso
polo que a comunidade universitaria entra de balde. O público en xeral ten entrada única a 3€. É tamén a última función da montaxe que xirou por Galicia, España e Portugal.

 

Back to top button