CulturaCulturaEntroido 2026Última hora

Preséntase o programa do Entroido de Salcedo (A Pobra do Brollón), cuxo referente é o Oso

 

A parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón, celebra do 14 ao 17 de febreiro o seu tradicional Entroido, impulsado pola Asociación Veciñal de Salcedo e cun de cuxos referente e a máscara do Oso

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollía hoxe a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o presidente da agrupación organizadora, Lucas López, ademais doutros membros do colectivo.

O programa comezará coas representacións teatrais, cunha sesión o sábado e outra o domingo. O pregón será o domingo ás 17,00 horas a cargo de Rafael Quintía. A continuación sairán as Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo. A saída do Oso, o elemento máis característico deste Entroido, será o luns ás 17,00 horas.

Ademais, ao longo dos catro días haberá animación musical, coas actuacións de Malenne, Alma DJ, Brabán Gaiteiros, Dúo Triada, Grupo Lume, as orquestras Suavecito e Los Players, a charanga Terras do Bibei e Mekanica Rolling Band. Tamén se desprazará a discoteca móbil A Duendeneta.

Así mesmo, o luns e o martes haberá dúas ceas populares, a primeira delas cunha foodtruck.

 

Back to top button