
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, representa ao Goberno galego na conferencia Conmemoración do Estatuto de Galicia de 1936 no seu 50 aniversario (1986). O titular de Educación foi o encargado de realizar a presentación institucional do relator, Tomás Pérez Vidal, que fora presidente do Parlamento de Galicia entre 1986 e 1990.

No acto, organizado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, tamén interviron o científico do CSIC Isidro García Tato e o director do Padre Sarmiento, Pablo Otero. En representación da Administración Autonómica tamén asistiron ao evento, que tivo lugar no Pazo de San Roque da capital compostelá, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes.
