DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa no campionato galego absoluto de atletismo

Na lista de inscritos aparecen os nomes dos irmáns Carlos e Ana Raquel Revuelta

O atleta valdeorrés Carlos Revuelta Parra./ Cedida.

Entre os atletas que disputarán na vindeira fin de semana o LXXXIX Campionato galego absoluto nas pistas viguesas de Balaídos estarán os irmáns valdeorreses Carlos e Ana Raquel Revuelta Parra.

“Nesta interesante cita, agárdase ver importantes probas que contarán coa participación de varios plusmarquistas galegos e atletas internacionais na procura do último gran test previo a disputa  do Campionato de España absoluto que este ano viaxará a localidade alacantina de La Nucía a finais deste mes”, sinalan dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Carlos Revuelta (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) ten previsto participar no lanzamento de martelo (7,260 kg), mentres que Ana Raquel Revuelta (OUROR) farao en disco. Malia que Eric Méndez da Real Sociedad lidera as marcas en martelo con 62.17 m., Carlos Revuelta sen dúbida estará pelexando ata o remate polo titulo autonómico”, sinalan dende a FGA.

 

A atleta Ana Raquel Revuelta, nun podio logrado nesta tempada./ Foto cedida.

 

Back to top button