CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

“Presumido”, en directo

Tarci Ávila presenta no Barco o seu proxecto máis persoal

Levabamos un mes esperando a posta en escea de “Presumido” o proxecto no que o músico barquense Tarci Ávila se encarga de todo. Literalmente. Dende a composición ata a interpretacón de tódolos intrumentos, a voz, a grabación, a promoción… E non defraudou.

O lugar elexido para a presentación do seu primeiro EP “Ahora mejor” foi a tenda de música Ton y Son. Alí, diante dun pequeño e selecto grupo de convidados, Presumido tocaba por primeira vez en directo. Á guitarra, ao baixo, aos teclados, Tarci Ávila foi compoñendo o puzzle, interpretando como só el sabe facelo, os temas do disco e algún máis que formará parte do novo traballo o que xa está mergullado.

O acto continuaba no Sueño Húmedo cunha pequena festa para tódolos asistentes.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de xaneiro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button