En portadaÚltima horaVídeos

Preto de 250 persoas desfrutan en Trives do xantar da LII Festa da Bica

 

Na xornada deste sábado 26 de xullo a praza do Reloxo da Pobra de Trives, cuberta para protexer á xente do sol, convértese no epicentro da festa e da tradición coa celebración da LII Festa da Bica, declarada Festa de Interese Turístico e un dos grandes referentes gastronómicos e culturais do verán en Galicia.

 

 

Como vén sendo costume, en torno as 14 horas comezaba o xantar popular ao que asistían preto de 250 persoas que desgustaban un menú con salpicón, costela asada con patacas e, por suposto, de sobremesa, a inconfundible Bica de Trives, todo acompañado de pan, bebidas e café. Tamén había pulpo dunha pulpeira de Trives e viño mencía da adega local A Corga.

 

 

Entre os asistentes, xente de todas as idades, da vila e de arredores e tamén membros de Son do Sil chegados dende Valdeorras para amenizar musicalmente o xantar.

 

 

Dende o Concello, que aproveitaban a ocasión para render homenaxe a Ricardo Courtier, a alcaldesa Patricia Domínguez amosaba a súa satisfacción ante a resposta da xente que pola noite, a partir das 21 horas poderá asistir ao concerto da artista Uxía Senlle.

 

Cedida.

 

Fotos de vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button