Tras varios anos tendo que facelo baixo unha carpa no adro da igrexa de Santo Estevo por mor da chuvia, neste 2025 a Festa do Magosto da Asociación Sabugueiro regresaba por fin á praza do Arroio onde, na noitiña deste sábado 25 de outubro celebrábase a XX edición desta tradicional celebración que abre a tempada na comarca de Valdeorras.
Nesta ocasión eran uhas 280 as persoas que desfrutaban dun animado e concorrido magosto cun contundente menú a base de chouripán, bica, bullotes asados, auga e viño.


No decurso da festa, amenizada musicalmente por Dj Pimento, tamén se sorteaban lotes de produtos doados coma sempre por negocios do pobo.



Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.