Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Preto de mil persoas na sétima Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín

Entre outros patrocinadores deste evento benéfico, cuxa recadación íntegra vai para investigación, está a compañía eléctrica Iberdrola

Cedida.

 

A VII edición da Carreira das Cidades de Vilamartín de Valdeorras reunía neste domingo a preto de 1.000 persoas que quixeron poñer o seu gran de area coa esperanza de cambiar os datos dunha enfermidade que afecta a un destacado número de persoas cada ano. Cristina Sandin, presidenta da Asociación Cancro de Páncreas, e Enrique de Madaria, gastroenterólogo do Hospital Xeral Universitario Dr. Balmis, acompañados das fundadoras de Acapaval Eva Iglesias, Belén Gómez e Patricia Iglesias, eran os encargados de dar o pistoletazo de saída.

Todos se mostraron moi agradecidos cos participantes que contribuíu coa súa presenza ao éxito desta carreira onde todo o recadado será destinado á investigación deste tumor. Ademais, a edición deste ano é especial xa que se celebra o décimo aniversario da Carreira das Cidades. A compañía eléctrica Iberdrola quixo sumarse unha vez máis a esta causa cuxa mortalidade e incidencia aumentou nos últimos anos.

Baixo o lema “10 anos movidos pola esperanza”, os corredores axudaron a dar visibilidade ao problema que supón este tipo de tumor e colaborar para conseguir fondos cos que poder financiar a investigación contra esta enfermidade. En 2024 estímase que case 10.000 persoas serán diagnosticadas en España, un 8% máis que en 2023. O 92% dos pacientes non sobreviven máis 5 anos tras o seu diagnóstico, cos tratamentos que se dispoñen na actualidade. Hai 10 anos eran do 97%. O cancro de páncreas é a terceira causa de morte por esta enfermidade en España.

A Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas, é unha actividade solidaria para concienciar á sociedade da importancia desta enfermidade e para conseguir fondos para seguir investigando. Está promovida por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) e AEG (Asociación Española de Gastroentereologia) e organizada por unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito comarcal ACAPAVAL (Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Delegación Valdeorresa de Atletismo, José López (“Parra”), Concello de Vilamartín, co apoio da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, a Deputación de Ourense e Iberdrola, entre outros.

Back to top button