Dende onte e ata o 31 de xullo uns 90 mozos e mozas de diferentes puntos de España, principalmente Valladolid, e tamén de Londres (23) de entre 13 e 16 anos asisten ao campus de baloncesto que se celebra dende hai anos na Rúa, dando continuidade ao iniciado por Wayne Brabender.
Co aloxamento nas instalacións do Pablo VI e controlado por 18 monitores, ao longo da semana os rapaces practican baloncesto, intercambiando as clases e os partidos coas piscinas, rutas de sendeirismo e visitas pola contorna.
Na mañá deste xoves día 24 de xullo, a comitiva era recibida no Concello pola alcaldesa da Rúa, María G. Albert e o concelleiro de Deportes José Vicente Solarat.
Fotos: Mónica G. Bellver.