EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Monterrei 2026

 

A Ruta do Viño Monterrei, coa colaboración de Turismo de Galicia, promove entre os días 08 e 10 de maio unha nova edición da Primavera de Portas Abertas. Nesta iniciativa enoturística, que tamén co apoio dos municipios de Oímbra e Monterrei, participarán cinco adegas da denominación que ofrecerán visitas guiadas polas súas instalacións acompañadas dunha degustación de viño de Monterrei. As adegas participantes na iniciativa son: Adegas Daniel Fernández, Pazo de Valdeconde, Adegas Ladairo, Triay e Vía Arxéntea. O horario de visita será o sábado ás 12.30 e 17.30 horas.

Tamén formarán parte desta xornada restaurantes asociados á ruta (O Segredo do Retiro e Parador de Verín-Monterrei), que contan cun menú especial maridado con viños do D.O. Monterrei cun prezo que oscila entre os 45 e 60 euros. Ademais, realizaranse ofertas especiais nos establecementos: O Retiro do Conde, Parador de Verín-Monterrei e Hotel Villa de Verín. As reservas xestiónanse directamente cos establecementos, especificando que se trata da oferta de Primavera de Puertas Abertas.

Esta iniciativa, alén das visitas guiadas e degustacións en adegas, tamén inclúen as seguintes actividades:

– ‘Harmonía Monterrei & Conservas do mar”. (Venres 08, ás 20.00 horas, no salón de actos do CPR Apostólico Mercedario de Verín). Nesta iniciativa os/as participantes descubrirán o potencial gastronómico dos viños do D.O. Monterrei combinados coas distintas versións de conservas do mar. Requírese inscrición previa: Ruta do Viño Monterrei (988 590 007 // rutavinomonterrei@gmail.com).

– ‘Harmonía Monterrei & Queixos”. (Sábado 09, ás 20.00 horas, no salón de actos do CPR Apostólico Mercedario de Verín). Trátase dun taller de harmonías no que se verá o potencial gastronómico dos viños de Monterrei con distintos queixos emblemáticos de España. É necesaria inscrición previa: Ruta do Viño Monterrei (988 590 007 // rutavinomonterrei@gmail.com).

– ‘Túnel do Viño: Anadas D.O. Monterrei. (Domingo 10, ás 12.00 horas, no salón de actos do CPR Apostólico Mercedario de Verín). Aséntase no formato dun túnel do viño pertencente a adegas integradas na Ruta do Viño Monterrei. Estará organizado por anadas, con informacións climáticas de cada anada, dando protagonismo ao valor do territorio e aos perfís climáticos de anadas tan diferentes como a 2024, 2023, 2022, 2021… Requírese inscrición previa: Ruta do Viño Monterrei (988 590 007 // rutavinomonterrei@gmail.com).

– Ruta dos Lagares Rupestres. Ruta de sendeirismo sinalizada polos lagares rupestres do municipio de Oímbra (non é necesaria a inscrición. Pódese realizar de modo individual).

Doutra banda, tamén se contará co Bus do Viño. Un servizo que terá un custo de 10 euros/adulto e de 5 para nenos/as (de 3 a 13 anos). Este servizo contará con cinco rutas na xornada do sábado 9 de maio, con saídas desde A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. Toda a información de horarios e lugares de visita en Ruta do Viño Monterrei (988 590 007 // rutavinomonterrei@gmail.com).

Back to top button