CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Primeira vitoria da tempada para o CD Rúa tras vencer 4-1 ao Raio Alaricano

 

Ata a sexta xornada tiñan que esperar os afeccionados do CD Rúa para desfrutar da primeira vitoria da tempada do equipo sénior rués, pero facíano ao grande e en casa.

Na tade deste domingo 12 de outubro, festividade da Virxe do Pilar e Día da Hispanidade, os rapaces de Javier Ferrer vencían 4-1 ao CD Raio Alaricano nun partido que dominaban de principio a fin.

 

 

Rober adiantaba aos amarelos no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 15; e once despois os alaricanos empataban ao transformar un penalti. Rozando o descanso Rober volvía marcar poñendo o 2-1 co que marchaban ao descanso. Tralo paso polo vestiario, nada máis comezar a segunda parte Lora poñía o 3-1 e no 89′ Azael sentenciaba o encontro.

Co 4-1 final os amarelos sitúanse no posto 13º da Segunda Futgal Ourense. O seguinte partido será no campo do Teso de Castro Caldelas contra o CD Caldelao-Inter Ribeira Sacra.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button