A RúaConcellosÚltima hora

Primeira xornada de paro parcial en Autoneum (A Rúa)

Turno de mañá.

 

Segundo o previsto, na madrugada deste xoves 4 de decembro, no turno de noite (de 4:00 a 6:00 horas), tiña lugar o primeiro paro de dúas horas convocado polo Comité de Empresa de Autoneum A Rúa.  O segundo paro tiña lugar no turno de mañá, de 12:00 a 14:00 horas; e o terceiro, no turno de tarde, de 20:00 a 22:00 horas. O persoal de oficina está convocado a parar de 15:00 a 17:00 horas.

 

 

O Comité de Empresa, do que forman parte os sindicatos CIG – CCOO – UGT, tomaban a decisión de convocar os paros para hoxe e mañá “como resposta directa á negativa da dirección da empresa a negociar a plataforma de mellora económica tal e como viña sendo habitual durante anos”.

 

Turno de noite.
Turno de tarde.

 

Ademais de instar a todo o persoal a secundar os paros, “o Comité de Empresa fai un chamamento á veciñanza da Rúa e da comarca para apoiar este proceso de reivindicación”, asegurando que o seu obxectivo  é claro, “defender os dereitos do persoal, recuperar a negociación perdida e garantir un salario e unhas condicións de traballo dignas. En Autoneum trabállase máis e cóbrase menos. É hora de dicir basta”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button