DeportesÚltima hora

Primeira xornada de Xogade e control de atletismo, neste 6 de abril no Barco

 

Dobre cita para o atletismo base neste sábado 6 de abril nas pistas de Calabagueiros (O Barco). A partir das cinco da tarde comezaba a primeira xornada Xogade Valdeorras ao aire libre con atletas da base de diversos clubs, entre eles o Adas Cupa do Barco, Atletismo Rúa, Escolas Deportivas da Rúa e Escolas Deportivas de Trives.

O programa comezaba co 4×60 ml alevín mixto e benxamín, e continuaba con salto de lonxitude, altural, lanzamento de peso e disco e continuaba coas carreiras das diversas distancias, entre outras competicións.

Ademais, a partir das 19h. iniciábase o I Control Concello do Barco con participantes en moi diferentes categorías (dende Sub10 ata Sub20) en lanzamento de pelota triplo, 1.000 ml, 110 mv, 100 ml, salto de altura, 100 mv, 500 ml e 1.000 ml.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button