OurenseÚltima hora

Proba de sirenas de aviso á poboación o 25 e 26 de xuño en 39 presas galegas, entre elas as do oriente ourensán

Presa do Bao./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Xunta vén de informar de que ten previsto realizar este martes e mércores, días 25 e 26, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia. Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil. A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 horas do día 25 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón. A partir desa hora as probas desenvolveranse ata as 16,30 horas, rematando na presa do Con, en Vilagarcía de Arousa. Ao día seguinte, o mércores 26, retomaranse as probas ás 09,00 horas na presa de Vilagudín, en Tordoia, e rematarán ás 13,00 horas na de Velle, en Ourense.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

Cronograma das probas nas provincias de Ourense e Lugo

Back to top button