ConcellosO BarcoÚltima hora

Proba de sirenas o 18 de xuño en horario de mañá nas presas de Casaio e Pumares

 

O plan especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións en Galicia, INUNGAL, e os Plans de Emerxencia de Presas (PEP) que afecten ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinalan que, en caso de rotura inminente da presa, o Director do PEP debe ordenar a activación dos avisos acústicos á poboación e informar con carácter inmediato ao CECOP a través do CIAE112, que comunicará a situación aos medios e recursos previstos segundo procedemento.

Para garantir a operatividade dos sistemas de aviso, todos os anos se realizan probas de sirenas acústicas, e este ano vaise a levar a cabo unha proba de funcionamento de sirenas cun dobre obxectivo: que a poboación das zonas afectadas, xunto cos medios e recursos adscritos ao plan INUNGAL se familiaricen co son da sirena, e comprobar o correcto funcionamento dos sistemas mecánicos e software de activación. A data prevista para a proba da presa de Casaio e Pumares é o mércores 18 de xuño en horario de mañá.

 

 

 

Ao estar o concello do Barco situado dentro da área de afección da primeira media hora da rotura das presas situadas augas arriba do río Sil, o Concello colabora informando desa proba de sirenas aos vecinos das zonas que se puideran vera afectadas pola hipotética rotura das presas.

Así elaborou un bando municipal e vén de colocalo nos taboleiros de anuncios situados no casco urbano do Barco onde poderá escoitarse o son das sirenas, así como o cartel informativo colocado xunto ao bando, e o tríptico informativo elaborado para este plan de emerxencia.

 

Tríptico Pumares

 

 

Back to top button