
O Concello de Viana do Bolo vén de facer público, a través dun bando municipal, que dunhas probas de sirenas nas presas de Cenza, As Portas e San Sebastián. “Dentro das medidas de implantación dos Plans de Emerxencia das Presas de Cenza, As Portas e San Sebastián, mañá 18 de xuño, realizaranse probas de sonido coas sereas instaladas de alerta á poboación”, segundo o Concello de Viana.
Tamén explica esta administración local que se trata “dunha proba de funcionamento, polo que ao escoitala, a poboación poderá continuar normalmente coas súas actividades”.
