Este 15 de agosto é un dos días grandes das festas patronais de Viana do Bolo. Ás 12:30 horas deste luns 15 de agosto as imaxe da Virxe da Asunción e de San Roque saían en procesión polas rúas da vila, acompañadas por numerosas persoas. Deseguido, o párroco vianés Ignacion Lindoso oficiaba a misa solemne na igrexa, cantada polo coro parroquial.
Tras a celebración relixiosa, tiña lugar na praza Maior unha actuación da Banda de Música Candeacon, que tamén actuaba durante a procesión.
O programa festivo de Viana inclúe multitude de actividades que xa comezaban o martes 13 de agosto coa representación teatral do grupo de Candea na Casa da Cultura e continuaban o día 14 coa actuación de La Banda. Estes xoves ás 22:30h. terán lugar na praza Maior as Xornadas de Folclore e, deseguido, a orquestra Funçao Publika.
Para mañá, 16 de agosto, está prevista cunha nova procesión, nesta ocasión, na honra de San Roque coa actuación da Banda de Xinzo de Limia e tamén poderá bailarse nesa xornada ao ritmo da orquestra Finisterre.
O programa festivo continuará ata o 18 de agosto con diversas propostas.
Fotose vídeos: O SIL.