En portadaÚltima horaVídeos

Procesión da “Borriquilla” cos pasos infantís e bendición de ramos, no Barco

 

Coa tradicional procesión da “Borriquilla” celebrábase este Domingo de Ramos no Barco. A procesión saía ás doce do mediodía dende a Igrexa de Santa Rita da vila, cunha multitudinaria participación. Os asistentes portaban ramos de oliveira, loureiro ou palmas. Encabezaban a comitiva relixiosa sete pasos infantís: “Neno de Paixón”, “Virxe da Esperanza”, “Cristo da flaxelación”, “Virxe da Eterna Xuventude”, “María Magdalena” “Cristo Xacente” e “Dolorosa”.

 

 

Deseguido, viña a agrupación musical “La Pasión” de Ponferrada, e, a continuación, o paso da “Borriquilla”, que este ano vén de ser restaurado. Tras completar o traxecto da procesión (que dende a praza do Príncipe pasaba polas rúas Marcelino Suárez, avenida da Estación, Eloy Rodríguez Barrios e rúa da Valorca), regresábase á praza do Príncipe, e nas escaleiras da igrexa, o párroco do Barco, Jesús Álvarez, procedía á bendición dos ramos dos presentes. Posteriormente, dábase paso á misa.

 

 

Os cultos da Semana Santa do Barco continuarán mañá Luns Santo coa procesión do Santo Cristo da Paz e da Virxe da Esperanza.

 

 

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button