ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión da Resurrección do Señor no Barco

O encontro entre a Virxe e o Resucitado producíase nas escaleiras da igrexa de Santa Rita

 

Numerosas persoas asistían ás 12h. deste Domingo de Pascua á procesión da Resurrección do Señor no Barco. Ía encabezada pola imaxe da Virxe cuberta cun veo negro, portada por mulleres. Saía dende a igrexa de Santa Rita para logo seguir pola praza do Príncipe, rúas España, Eloi Rodríguez Barrios e Valorca para logo voltar á praza do Príncipe.

 

 

 

Alí, nas escaleiras que dan acceso á igrexa producíase o encontro coa imaxe de Xesús Resucitado, portada por homes e que saía do templo. Nestre intre, a Virxe perdía o seu manto negro.

 

 

A partir de aí ambas imaxes eran levadas ata o interior da igrexa, onde continuaba a celebración coa misa da Resurrección do Señor, oficiada polo párroco barquense, Jesús Álvarez. Con este acto ponse fin aos cultos dunha intensa Semana Santa no Barco, marcada pola chuvia.

En todo momento durante a procesión o tráfico estivo regulado pola Policía Local do Barco.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button