A veciñanza de Oulego (Rubiá) celebraba o domingo 5 de outubro a procesión e misa na honra da Virxe do Rosario, acompañada pola música tradicional. Durante a celebración, tamén se presentaba ao novo párroco, José Gregorio de Venezuela, que estaba acompañado polo sacerdote Juan José Prieto, que ademais é vigairo en Galicia da Diócese de Astorga.
Fotos cedidas.

