ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión de Corpus Christi no Barco

 

Despois da misa de Corpus Christi, que se iniciaba na igrexa de Santa Rita do Barco ás 12:30h., saia deste templo a procesión co Santísimo polas rúas do vila. Tras saír pola rúa Valorca, a procesión saía á estrada xeral da vila e continuaba por Manuel Quiroga ata entrar na zona vella por San Roque.

 

 

 

Despois chegaba ata a parte na que comezaban as alfombras, a confluencia entre as rúas Real e Escura. Nesta última a procesión facía unha pequena parada con oracións nun altar. Deseguido, continuaba o traxecto ata a igrexa de San Mauro, onde finalizaba.

 

 

Alí, o párroco do Barco agradecía a presenza e participación na procesión, encabezada por nenos e nenos que fixeron este ano a súa Primeira Comuñón, e tamén agradecía o labor da veciñanza que elaboraba as alfombras de Corpus que engalanaban as rúas.

Durante todo o percorrido, o tráfico estivo regulado pola Policía Local e tamén se contaba coa colaboración de Protección Civil do Barco.

 

 

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button