ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión de Santo Tirso en Veigamuíños (O Barco)

 

Esta fin de semana Veigamuíños (O Barco) celebra as festas na honra de Santo Tiros. Ás 12h. deste sábado 27 de xaneiro a súa imaxe saía da igrexa parroquial, levada en andas por catro veciños. Con ela abríase unha concorrida procesión, na que non faltaba unha charanga e que seguía o percorrido habitual pola localidade, para deseguido voltar ao templo onde se oficiaba a misa.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button