ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Procesión do Prendemento en Viana do Bolo, neste Xoves Santo

Procesión do Prendemento en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os pasos da Confraría de Xesús Nazareno de Viana do Bolo volverán percorrer esta localidade na noite deste Xoves Santo. Para as 22:30h. está prevista a saída da tradicional “Procesión do Prendemento”, seguramente acompañada polo son do grupo de Tambores da parroquia de Viana.

Despois, ás 23:30h. terá lugar a Hora Santa ante o Monumento, na igrexa parroquial. Tamén o Xoves Santo, pero pola tarde, ás 19:30h., nese mesmo templo celebrarase a misa da Cea do Señor.

Máis información sobre a Semana Santa de Viana do Bolo, no “Especial Semana Santa” en papel do Periódico O SIL.

Back to top button