Numerosas persoas, algunhas portando candeas, participaban nesta noite de Xoves Santo na Procesión do Silencio, que percorría as rúas do Barco. Ás 22h. saía a imaxe do Nazareno, portada por membros da súa confraría, dende a igrexa de San Mauro.
Dende aí, a comitiva relixiosa baixaba pola rúa Escura, seguindo despois polas rúas Real e San Roque, na zona vella da vila, para logo saír á avenida Manuel Quiroga, e iniciar o camiño de regreso á igrexa de San Mauro. Durante a procesión o tráfico estivo regulado pola Policía Local do Barco.
Despois, a partir das 23h., tiña lugar a Hora Santa, pero xa na igrexa de Santa Rita.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.
