Tamén a parroquia de Petín celebraba neste Domingo de Pascua, 5 de abril, o momento da Semanas Santa máis esperado polos devotos tras unha semana de loito: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.
Coma sempre, o acto tiña lugar na praza Doutor Quiroga pasadas as 13:15 horas. A imaxe da Dolorosa, no carro empuxado polas mulleres, chegaba ao encontro co seu fillo levado a ombros polos homes, mudando o mando negro de loito por un vermello e dourado. E xuntos, regresaban á igrexa parroquial seguidos polos fegreses para asistir á misa de Resurrección, presidida polo párroco, Daniel Pérez Quintela. Remata así a celebración da paixón, morte e resurrección de Cristo.




Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.