A localidade de Vilanova (A Pobra de Trives) vive unha fin de semana de celebración con motivo da Festa do Chourizo. Os actos comezaban este mediodía, ás 13h. con misa solemne na honra da Virxe das Candeaas, cantada polo Orfeón Trivés, e procesión coa actuación da Charanga Nova de Trives, que tamén se encargaba da sesión vermú.
A partir das 20h. darase paso á festa do chourizo propiamente dita e ás actuacións de Takicardia e máis Dj Baby.

Para mañá está previsto ás 10h. un pasarrúas a cargo da Charanga Nova de Trives e ás 13h. oficiarase a misa e a procesión na honra de San Blas, a cargo da mesma charanga.
Fotos e vídeo cedidos.

