ConcellosEn portadaÚltima horaVídeosVilamartín

Procesión na honra de San Lourenzo en Arcos (Vilamartín)

 

A veciñanza de Arcos (Vilamartín) sacaba en procesión a partir das 12:30h. deste mediodía a San Lourenzo, cuxas festas esta a celebrar esta localidade dende onte, 9 de agosto. Hoxe é o día grande que se iniciaba cun pasarrúas a cargo dos Parranda e continuaba coa citada procesión na que San Lourenzo, que portaba os seus tradicionais acios de uvas, e que estaba acompañado por outras catro imaxes, entre elas as da Virxe.

 

 

Tras saír da igrexa parroquial, percorríase a localidade pasando polas proximidades da praza e despois xirando ata regresar ao templo, onde se daba paso á misa, cantada polo coro Ronda Amigos del Bierzo.

 

 

Ao remate da procesión algúns dos asistentes recollían e comían as uvas do santo. Contan os veciños que antigamente a tradición era collelas ao rematar a misa, pero xa acostuma facerse tras entrar a imaxe no templo.

 

 

O programa festivo proseguirá pola tarde, cunha festa da auga ás 17:30h. e despois, ás 21:45h., coa actuación da orquestra Punto Clave. Mañá domingo ás 7:30h. está prevista unha festa da escuma, ás 21:45h. actuará o Trío D’Líder, que tamén animará a verbena ás 01:00h.

Fotos e vídeos: O SIL.

En breve, ampliarase galería fotográfica.

Artigos relacionados

Back to top button