ConcellosO CarballiñoÚltima horaVídeos

Procesión Penintencial da Sentenza e a Esperanza, no Carballiño

 

Despois da Santa Cea, arredor das 20:30h. saía do templo da Vera Cruz no Carballiño a Procesión Penitencial da Sentenza e a Esperanza, cos pasos de Xesús da Sentenza e a Misericordia e de Nosa Señora da Doce Esperanza. Na procesión tamén participaba, nesta ocasión, a Legio VII Limicorum, co seu terzo de tambores.

 

 

Fixeron un percorrido curto para evitar a chuvia e, por problemas técnicos, a imaxe de Nosa Señora da Doce Esperanza, que saíu do templo, non puido participar na procesión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button