ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Produtos locais, música tradicional e degustacións á beira do Bibei, na II Romaría do Rosario nas Ermidas

 

Seguindo a iniciativa que botaba a andar o ano pasado, na mañá deste domingo 4 de outubro celebrábase na área recreativa do Bibei, nas Ermidas, a II Feira do Rosario organizada polo Concello do Bolo no seu afan por recuperar tradicións, coincidindo novamente coa celebración da advocación mariana no Santuario, e co patrocinio do Ministerio de Reto Demográfico (Miteco).

 

 

Nesta soleada e fresca mañá os postos con produtos locais (viño, mel, pan, bicas, artesanía, xoiería, pinturas,…) abrían ao redor das 11 horas nun espazo con carpa no que tamén había bar e pulpeiro con espazo para xantar e o acompañamento musical da agrupación Abertal que poñía o toque tradicional á feira.

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button