
Unha mañá máis, e van xa tres consecutivas, un grupo de mais e pais do Barco, mobilizábase diante dun centro escolar para demandar que se cubran as prazas de pediatra no Centro de Saúde deste municipio. Desta volta era no exterior no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco, onde estendían unha pancarta e volvían berrar a súa demanda “Pediatras xa”.
Para mañá está prevista unha nova concentración, será xa no CEIP Condesa de Fenosa da vila.
Fotos e vídeo cedidos.
