A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa segue retirando niños de velutinas, desta volta nun muro e nunha terraza

 

Está demostrado que as avespas velutinas aproveitan calquera espazo para construír os seus niños que en moitos casos son retirados por Protección Civil da Rúa.

Na noite deste domingo 28 de setembro, voluntarios da agrupación ruesa, logo de recibir o aviso dun veciño da rúa Antón Noriega eliminaron e retiraron un niño, nesta ocasión dun muro.

Ao día seguinte, luns día 29, retiraban outro nunha terraza na rua As Airas, en Fontei.

 

 

Fotos: AVPC A Rúa.

Back to top button