Protección Civil de Castrelo de Miño estrea equipamento
5 de Outubro de 2016
Reciben de Emerxencias da Xunta un vehículo todoterreo, unha embarcación para socorrismo acuático, un remolque de salvamento e rescate e vestiario e equipamento para intervencións en avispeirosPresentación do novo material de Protección Civil, esta mañá, no Parque Náutico.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño está de estrea. A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia entregou esta mañá á agrupación un novo vehículo todoterreo, unha embarcación para socorrismo acuático, un remolque de salvamento e rescate e vestiario e equipamento para intervencions en avispeiros. Ao acto de entrega, que tivo lugar no Parque Náutico da vila, acudiu o alcalde, Xurxo Rodríguez, o xefe provincial de Emerxencias, Olivier Reboredo, o xefe da área técnica, Diego Núñez, e os edís Rafael Carrizo e Maribel Rodríguez.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.