ConcellosÚltima hora

Protección Civil do Barco segue recibindo doazóns para repartir entre os afectados polos lumes

 

Seguen as mostras de solidariedade e apoio cos afectados polos incendios forestais en Valdeorras. A grupación de Protección Civil do Barco recibía este mediodía novo material, en concreto, unha furgoneta con alimentos e tamén auga, entre outros produtos. Viña dende Vigo e traia doazóns reunidas por unha integrante da orquestra M-3 Show e por unha representantes de Grúas Diana.

 

Palé doado pola Comisaría de Policía Nacional de Ourense.

 

Tamén chegaban os 2 palés de auga aportados pola Comisaría da Policía Nacional en Ourense e, ademais había mozos repartindo comida e auga para os animais do monte, tal e como informa Protección Civil do Barco, que segue a repartir este material entre os afectados polos lumes e que lembra, ademais, que mentres o incendio de Valdeorras estivo activo Exclusivas Morales (La Pitusa) levou un palé de auga para o persoal de incendios na Casa Grande de Viloira (O Barco).

Outro material de axuda chegaba dende A Coruña, a través de Raquel. Aí incluíanse doazóns que ela conseguiu reunir na cidade, pero tamén outras achegas que viñan dende Valencia.

Fotos cedidas.

 

Back to top button