OurenseÚltima hora

Protección civil ensina primeiros auxilios aos rapaces do Campamento do Concello

Os voluntarios tamén lles ensinaron o interior dunha ambulancia medicalizada

Aprender a manobra RCP ou saber que facer en caso de que alguén estea en parada cardiorrespiratoria é algo básico que pode salvar moitas vidas. Para facer esta actuación non fai falta ter formación sanitaria nin tampouco require unha idade mínima. Por este motivo, o medio cento de rapaces do Campamento do Concello visitaron hoxe, 30 de agosto, a Aula Municipal de Natureza para poder aprender a manobra RCP e os primeiros auxilios.

Asemade, tamén puideron coñecer o interior dunha ambulancia e o instrumental co que está dotada para auxiliar á xente.

Fotos: Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button