CulturaCulturaÚltima hora

“Proxecto identidade”, no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)

 

Dentro das numerosas actividades culturais que pon en marcha o concello de Parada de Sil para o verán, na tarde do sábado 28 de xuño tiña lugar o espectáculo “Proxecto identidade”, con entrada libre ata completar aforo, no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

A obra afonda na esencia máis profunda da identidade galega, explorando o noso pasado e as raíces de Galicia. Pretende traer ó presente a evolución da nosa historia, procurando revelar aquilo que nos une como pobo, e os símbolos que constrúen un espíritu común.

Os instrumentos dos que se valían era o recitado de poemas, a danza e a pandeireta, amosnado outro símbolo de acercamento as pandereteiras homenaxeadas neste ano nas Letras Galegas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button