Na tarde deste xoves 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, presentarase na biblioteca Florencio Delgado Gurriarán no Barco de Valdeorras, Queda moito que sachar (A literatura galega nunha caixa de zapatos) de Xosé Manuel del Caño, libro que pecha a triloxía sobre autores e outros protagonistas da literatura galega desde a Longa Noite de Pedra ata a actualidade, que abriron Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias e Ósos de santo.

Neste libro, a memoria literaria de Xosé Manuel del Caño reflicte o traballo e a heroicidade de homes e mulleres decididos a botar o mundo a andar, a abrir camiño sorteando atrancos.
O acto terá lugar ás 19 horas e contará coa presenza do autor, da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e do ex alcalde do Barco, Alfredo García.