Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Quinta etapa do Club Peña Trevinca Barco polo “Camiño do Monxe”, na Ribeira Sacra

 

En xaneiro comezaba o percorrido do Club Peña Trevinca Barco polo “Camiño do Monxe”, un sendeiro de longo percorrido na Ribeira Sacra, que dende entón veñen realizando por etapas. Neste sábado 20 de abril completaban a súa quinta etapa, entre Esgos e Maceda, duns 21 km. Nela participaban uns 26 socios do club.

“Fomos guiados polo panadeiro da Texeita, guía experto e almacén do Camiño do Monxe, Javier”, explica o presidente do club, Miguel de la Cal, matizando ademais que visitaron o Mosteiro de Xunqueira de Espadañedo e que foi un día de calor, pero “non excesivo e houbo gran harmonía entre os participantes”.

 

 

A primeiros de maio está previsto que realicen a seguinte etapa do “Camiño do Monxe”. Será xa a sexta, entre Maceda e Montederramo. Antes, na vindeira fin de semana, “uns cuantos facemos o 101 km peregrinos de Ponferrada e outros o 50 km de Entrimo”, adianta o presidente do club.

Artigos relacionados

Back to top button