ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga agradece a “onda de solidariedade” ante a situación que vive polos lumes

Ao mesmo tempo, o Concello fai un chamamento aos voluntarios que necesiten descansar ou repoñer forzas que o pavillón está á súa disposicición toda a noite

 

Dende o Concello de Quiroga vén de facerse público o seu agradecemento ante “a solidariedade que está recibindo desde todos os puntos de Galicia. Desde esta mañá está chegando ao pavillón municipal todo tipo de material, apagalumes, botas, guantes, cantimploras e un senfín de material necesario para loitar contra o lume”.

Pero esto non é o único que se recibe, xa que son moitas persoas que se achegan por estas instalacións para levar bocadillos, froitas e bebidas para que sexan entregados aos voluntarios que “desinteresadamente se achegan a Quiroga para colaborar na extinción neste desastre ambiental. Esta mesma tarde 40 voluntarios pasaron polo pavillón a recoller parte deste material para ir a colaborar na extinción dos lumes que están activos nestes intres”.

Os responsables municipais queren agradecer a gran axuda que vén desde todos os negocios de alimentación da vila, bares e gasolinera. Ao mesmo tempo lembran que se fai un chamamento aos voluntarios que necesiten descansar ou repoñer forzas que estas instalacións están a súa disposicición toda a noite.

E os veciños de aldeas afectadas polo lume que queiran abandonar voluntariamente os seus domicilios poden acudir a estas instalacións onde recibirán o que necesiten.

Fotos: RTM Quiroga.

Back to top button