ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga chega aos 103 positivos de Covid

Rúa de Quiroga.

 

Continúan as ascenso as cifras de positivos no municipio de Quiroga. “O Sergas contabiliza 103 positivos na súa última actualización de datos para Quiroga (onte ás seis da tarde). Lonxe quedan xa os cinco casos cos que comezaba esta onda o pasado nove de xaneiro. Dende entón, o número mantívose estable durante unha semana ata que o 17 de xaneiro a curva comezou a aumentar coa aparición de tres novos casos. Dende entón o Sergas confirma cada día un importante aumento de casos na incidencia acumulada a catorce días, cun aumento diario roldando os dez casos. Esta cifra sobrepasouse o pasado venres cando se confirmaron 18 novos casos e tamén este martes con 12 novos positivos”, tal e como indican dende o Concello de Quiroga.

Ademais explican que, “coa confirmación do aumento de oito casos segundo os último datos do Sergas na incidencia acumulada en 14 días, parece que a curva aínda non acadou o seu pico máis alto e aínda non se ve cando comezará a descender o número de casos diarios”.

Ante esta situación, o Sergas atendía a petición que dende hai días se está facendo dende o Concello de Quiroga para que se realice un cribado masivo da poboación para detectar posibles casos asintomáticos que poidan seguir expandindo o virus.

“O Sergas está xa organizando como e onde se realizará este cribado, así como cal é a poboación susceptible de facelo. Aínda que todo apunta a que serán probas de antíxenos, o único claro polo momento é que se realizará polas tardes a partir do luns e que será persoal do Sergas o que se poñerá en contacto coas persoas que terán que facelo para comunicarlles cando e onde deberán facer as probas”, adiantan dende o Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button